SOMOS

CARTA DE PRINCIPIOS

Durante os últimos anos estamos a comprobar como a barbarie do patriarcado capitalista reacciona ante as pequenas vitorias conseguidas polo movemento feminista en tódalas partes do mundo. Nas sociedades formalmente igualitarias como a nosa, o neoliberalismo vese obrigado a renovarse co obxectivo de camuflar as súas verdadeiras intencións. Esta vez, pretende empregar as consignas da loita feminista para instalarse no noso movemento e empregalo para os seus propios fins. Neste contexto, é imprescindíbel sinalar e desarticular os discursos desta lóxica salvaxe que, en última instancia, pretende converter os corpos das mulleres en mercadoría.


Para facer fronte a esta estafa, as mulleres precisamos ferramentas que nos permitan identificar estas consignas. Con esta finalidade artéllase o colectivo feminista Solidarias e Violetas. As mulleres que participamos en Solidarias e Violetas tentamos construír un espazo autoxestionado onde poidamos, por un lado, desenvolver procesos de autoaprendizaxe e concienciación e, por outro, estruturar e organizar a loita feminista dende os espazos locais.


Somos un espazo concibido por e para as mulleres de clase traballadora; onde os principios de autoorganización e resistencia constitúen o eixo central das nosas actuacións. Opoñémonos firmemente aos falaces argumentos do libre consentimento, así coma a todas aquelas armas que, dun modo sibilino, se están a empregar coa finalidade de reproducir os esquemas de dominación-submisión que tanto benefician o sistema actual (a retórica do “traballo sexual”, os ventres de alugueiro, o posporno, o xénero, o BDSM...) e que relegan ás mulleres traballadoras a un rol pasivo e conformista. Para facerlles fronte, apoiámonos en ferramentas coma o asemblearismo, a sororidade e a firme defensa dun feminismo de corte abolicionista e anticapitalista.


Se queres ser parte de Solidarias e Violetas escribe ó noso correo e poñerémonos en contacto contigo: solidariasyvioletas@gmail.com


Onde podes atoparnos?


Comentarios